Vostede está aquí

 

 

 

Traballamos pola converxencia dixital con Europa

 

Transparencia e Bo Goberno

Red.es avoga pola aplicación de técnicas innovadoras para implantar a transparencia como base de calquera acción política en favor dos cidadáns españois. Esta acción, constitúe un paso fundamental e necesario, que se verá acompañado no futuro co impulso e a adhesión, por parte do Estado, tanto a iniciativas multilaterais neste ámbito, como coa sinatura dos instrumentos internacionais xa existentes nesta materia.

Consideramos que:

  • O acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixes fundamentais de toda acción política.
  • Só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, é cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións. Só así poderemos falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos.
  • Os países con maiores niveis en materia de transparencia e normas de bo goberno contan con institucións máis fortes, que favorecen o crecemento económico e o desenvolvemento social. Nestes países, os cidadáns poden xulgar mellor e con máis criterio a capacidade dos seus responsables públicos e decidir en consecuencia. É o xeito de fomentar unha mellor fiscalización da actividade pública que contribúe á necesaria rexeneración democrática, promove a eficiencia e eficacia do Estado e favorece o crecemento económico.

Calquera consulta deberá ser remitida ao portal da transparencia.